O Seminario

As oportunidades que se teñen aberto nestes últimos anos son froito dun amplo ciclo de protestas e demandas cidadás, organizadas en base á autonomía e cuxo máximo expoñente foi o 15-M de 2011. Que este proceso de loitas sociais remate na conquista de novos dereitos de soberanía para o pobo, depende da nosa intelixencia colectiva e do esforzo que se faga desde as marxes do bipartidismo. O asalto ás institucións municipais pretenden permeabilizar os Concellos por medio da articulación asemblearia e cidadá que poña os recursos de todo/as ao servizo de todos/as. Ademais terá no eido eleitoral un momento álxido o día 24 de Maio do presente ano. Desde a UnInv poñemos a disposición do Común unhas xornadas de dous días nas que plantexar: os antecedentes que se deron na nosa Terra no plano da auto-organización da vida social e política á marxe do poder central, un marco teórico que explique as complexidades e limitacións da cidade como espazo para a democratización radical e, principais liñas de actuación e propostas para o noso contexto actual. Para iso contaremos cun elenco multidisciplinar e vencellado tanto ao eido académico como ao dos movementos sociais. Serán elxs quen nos exporán as súas ideas e quen abrirán o debate do que todxs podedes ser partícipes.




Se estás interesadx en asistir, inscríbete aquí para axudarnos a calcular cantas persoas participarán.

Para poder sacar adiante o seminario precisamos asumir gastos de mobilidade, publicidade, cartelería, loxística, gráficos, etc. Por esta razón  temos aberto un crowfunding onde podes  colaborar cunha doazón a cambio dunha pequena recompensa pola nosa parte.