Que é o municipalismo?


“A democracia perde a maior parte da súa sustancia se non se institúen eidos directos de decisión nos que as persoas correntes poidan facer efectivo o exercicio de polo menos certo «autogoberno». A aposta municipalista arrinca precisamente deste presuposto: a democracia ou é democracia de proximidade, «entre iguais», ou carece de toda base. A súa radicalidade e a súa sinxeleza é a mesma que ao longo da historia e ao ancho do planeta púidose probar nas formas políticas asemblearias das polis gregas, as comunas medievais, os soviets obreiros, así como de infinidade de procesos de organización popular.
Actualizada ao noso tempo, a aposta municipalista compréndese nunha hipótese que poderiamos resumir do seguinte xeito: «Se tomamos as institucións que resultan máis inmediatas aos cidadáns, os municipios, e os convertémos en ámbitos de decisión directa, podemos facer realidade unha democracia digna de tal nome». Abondaría con volver instituir eidos de participación directa: novas ágoras cidadás con poderes e competencias reais.”  (Observatorio Metropolitano, 2014).

Definir que é o municipalismo, a súa complexidade ideolóxica e as diferentes propostas segundo distintas perspectivas será o obxectivo principal do Seminario. Traficantes de Sueños editou vai menos dun ano o libro “La apuesta Municipalista. La democracia empieza por lo cercano” da que tomamos este fragmento que pensamos esclarecedor e unha moi boa definición do Municipalismo.